DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PORTOS DE GALICIA

ACORDO do 21 de xaneiro de 2009, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola confraría de pescadores A Pastoriza de nova concesión administrativa de ocupación da lonxa vella do dominio público portuario no porto de Vilanova de Arousa, con destino a almacén e vestiarios para o sector pesqueiro e marisqueiro. (Expediente 13-05-08-C-1).

Evangelina Lago Valle solicita, en nome e representación da confraría de pescadores A Pastoriza, a concesión administrativa de ocupación da lonxa vella do dominio público portuario no porto de Vilanova de Arousa co fin de destinala a almacén e vestiarios para o sector pesqueiro e marisqueiro, para o que será necesario executar obras segundo o proxecto básico redactado en setembro de 2008 polo arquitecto técnico Juan Carlos Viñayo García.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 110 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral (BOE nº 284, do 27 de novembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2009.

Mateo Ruibal Fernández

Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia