DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2009 polo que se lle notifica á entidade Madriñán y Compañía, Eléctrica Pradense o trámite de audiencia no procedemento de extinción dun dereito concesional no río Deza, nos concellos de Lalín e Silleda, en Pontevedra.

No organismo autónomo Augas de Galicia estase a tramitar o expediente de extinción por causa de caducidade dun título concesional outorgado a Eduardo Madriñán Madriñán, no río Deza, nos concellos de Lalín e Silleda, en Pontevedra (expediente 5/244/39).

Por medio deste anuncio procédese a convocar a Madriñán y Compañía, Eléctrica Pradense o trámite de audiencia a que fai referencia ao artigo 165.4º en relación co artigo 163.5º do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, e co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co expediente de extinción por causa de caducidade do mencionado título concesional.

Para estes efectos, fáiselle saber á entidade convocada que dispón dun prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular as alegacións que coide convenientes, lembrándolle que o expediente se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia sitas na praza de Vigo, nº 2 entreplanta, 15781, Santiago de Compostela, para efectos de que o poida consultar.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2009.

Jesús V. Pazo Buján

Subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico