DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CÉDULA do 21 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica resolución de expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 513/08.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por medio desta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente nº: 513/08.

Acta nº: I362008000099413.

Empresa: Armesto y Lavandeira, S.L.

DNI/NIF: B-36977635.

Enderezo: Laureano Salgado, 4 baixo, Baiona.

Materia: Seguridade e Saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 9 b) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, en relación co artigo 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2º, 12.24º d), 39.3º f) e 40 do Real decreto lexislativo 5/200, do 4 de agosto.

Data resolución: 24-11-2008.

Resolución: multa de 6.000 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a directora xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na delegación provincial da Consellería de Traballo de Pontevedra, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de 30 días hábiles contados desde o día seguinte á data de notificación da resolución, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 21 de xaneiro de 2009.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra