DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña), devolto polo servizo de correos.

Por medio desta resolución, e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ao interesado, que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da notificación do recurso de alzada interposto por Julián Núñez Morales contra o acordo da zona de concentración parcelaria de San Martiño de Covas, Esmelle, Marmancón e Mandiá (Ferrol-A Coruña), devolto polo servizo de correos.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro do 2009.

Xosé Carballido Presas

Director xeral de Estruturas e Infraestruturas

Agrarias

ANEXO

Destinatario: Mario Pérez López.

Domicilio: As Cabazas. Covas (Ferrol-A Coruña).

Acto notificado:

Estimar en parte o recurso de alzada interposto por Julián Núñez Morales, propietario nº 1247, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de San Martiño de Covas, Esmelle, Marmancón e Mandiá (Ferrol-A Coruña), no sentido de:

Trazar un camiño polo sur do predio nº 382, de Julián Núñez Morales, propietario nº 1247, e do predio nº 383 de Mario Pérez López, propietario nº 1352, sen que varíe a superficie nin o valor dos citados predios.

Detraer do predio nº 375 de Descoñecidos, propietario nº 386, a superficie necesaria para o camiño citado, de xeito que queda cunha superficie de 864 m2 e 362,88 puntos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir de día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, e artigos 10.1º a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren conveniente.

Notifíquese aos interesados conforme o establecido pola lexislación vixente.