DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2009 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, do servizo consistente no desenvolvemento dunha campaña de promoción e difusión do uso da internet na celebración do 17 de maio de 2009: Día de Internet, Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e Día das Letras Galegas. (Expediente 2/2009 DXPI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Innovación e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 02/09 DXPI.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: creación, deseño, produción e realización dunha campaña de promoción e difusión no uso das novas tecnoloxías e internet de cara ao vindeiro 17 de maio de 2009: Día de Internet, Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e Día das Letras Galegas.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Prazo de execución: comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato e rematará o 17 de xuño de 2009. Os traballos desenvolveranse de acordo coas fases sinaladas na cláusula K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares. O contrato non será susceptible de prórroga.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: 172.413,79 € (IVE excluído). IVE: 27.586,21 €.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Consellería de Innovación e Industria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano s/n, bloque 5-4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 55 22.

e) Fax: 981 54 49 49.

f) Data límite de obtención dos documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: os licitadores deberán acreditala como contratistas de servizos no grupo T, subgrupo 1, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: exclusivamente para os empresarios non españois da Unión Europea, acreditarase de acordo co establecido no artigos 64.1º, letras a) e c) e 67, letra a) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral do edificio administrativo de San Caetano (luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas e sábados das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Enderezo: San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas (sobre C, oferta económica e documentación técnica relativa a aspectos cuantitativos).

a) Entidade: Consellería de Innovación e Industria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano s/n, bloque 5-4º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: 10,82 € por liña, IVE incluído; serán por conta do adxudicatario.

12. Perfil do contratante: www.conselleriaiei.org

13. Páxina web onde poden obterse os pregos.

No perfil do contratante e na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11545

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2009.

P.D.(Orde 31-1-2006, DOG nº 24)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria