DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica L.M.T.A., C.T.I., R.B.T. Piñeiro-Trasmonte (Oroso). (Expediente 235/2008).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, de 296 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.A. existente ao C.T. Burgao e final no centro de transformación proxectado de Piñeiro-Trasmonte, no termo municipal de Oroso, (expte. 235/2008), por resolución desta delegación provincial, do 28 de outubro de 2008, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinalar o día 9 de marzo de 2009 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de preDios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Oroso, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Correo Gallego con datas 30-7-2008, 25-6-2008 e 14-6-2008, respectivamente; acto a que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, candos os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5º da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2009.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña