DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 09/2-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Fenosa.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36000 Vigo.

Denominación: modificado L.M.T., C.T. 250 kVA e R.B.T. Pregal-Igrexa.

Situación: Redondela.

Características técnicas: L.M.T.A. a 15 kV, lonxitude 85 m, L.M.T.S. a 15 kV, lonxitude 262 m con orixe na L.M.T. Os Valos e final no novo C.T. Pregal-Igrexa. C.T. relación 15.000/400-230 V a 250 kVA en caseta prefabricada. R.B.T. un tramo de 0,018 km subterráneo con orixe no C.T. proxectado, e un tramo aéreo de 0,540 km.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, rúa Eduardo Pondal 64, 36071 Pontevedra, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2009.

Montserrat Prado Cores

Delegada provincial de Pontevedra