DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2008, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/694-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: r/ A Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T.S. e C.D. Pazos II.

Situación: Tui.

Características técnicas: L.M.T.S. de 20 kV, partirá desde a cela de subestación da subestación de Unión Fenosa, transcorrerá soterrada a través dunha canalización existente de 175 m, ata a cela de liña no C.D. Pazos II.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, rúa Eduardo Pondal 64, 36071 Pontevedra, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de decembro de 2008.

Montserrat Prado Cores

Delegada provincial de Pontevedra