DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 20 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 09/4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e CC.TT. avda. de Ferrol.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 372 m, con orixe na L.M.T.S. subestación Palmeira-Ribeira, condutor tipo R.H.Z.1 12/20 kV 3(1×240) Al, e final na mesma liña unha vez entre e saia dos CC.TT. proxectados.

Centro de transformación non prefabricado nº 1 cunha potencia de 2×630 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Centro de transformación non prefabricado nº 2 cunha potencia de 400+630 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2009.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña