DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 20 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 09/2).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación C.T. Cruceiro Coirós (expediente 18265).

Situación: Coirós.

Características técnicas: reforma do C.T. Cruceiro Coirós (expediente 18265), substituíndo o transformador existente de 50 kVA, por un C.T. compacto 2L+1P manobra exterior en interior de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. As instalacións proxectadas inclúen o cambio dos pararraios autoválvulas en fachada do C.T. e a instalación de dous pasos aerosubterráneos, en condutor tipo R.H.Z.1 2OL 12/20 kV 3(1×150 Al), no interior do C.T. para a entrada a saída da liña BEG-707, tramo entre a derivada ao C.T: Espenuca e a derivada ao C.T. Lesa, reformándose tamén a caseta de obra civil. Refórmase ademais o entroncamento coa L.M.T. aérea existente, cambiando as cadeas de illadores e as derivacións ao transformador, en condutor ripo LA-110. Concello de Coirós.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2009.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña