DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 4 de decembro de 2008, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición de autorización, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/224-3).

En aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do sector eléctrico, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. derivada Bouzas.

Situación: concello de Vilamarín.

Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea a 20 kV de 220 m en aéreo, con condutor tipo LA-56 e 42 m en subterráneo, con condutor tipo R.H.Z., con orixe na L.M.T. existente CNO804, Cea, da subestación do Carballiño e remate no C.T. proxectado prefabricado Bouzas, de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V. R.B.T. aerosubterréa, de 2.104 m en aéreo con condutor tipo R.Z. e 284 m en subterráneo con condutor tipo XZ1, derivada do C.T. proxectado Bouzas. Orzamento: 95.664,27 euros.

A declaración de utilidade pública, conforme o artigo 54 da citada lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria ocupación, figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual, poderán presentar as súas alegacións, por duplicado, nesta delegación provincial, relativas á corrección de erros, limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aquelas outras que se consideren oportunas.

Ourense, 4 de decembro de 2008.

Xosé Antón Jardón Dacal

Delegado provincial de Ourense

Ver referencia pdf "03400D053P142.PDF"