DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 27 de novembro de 2008, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/539).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. nova saída subestación Palmeira-C.R. Fontán.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 20 kV, cunha lonxitude de 4,058 km, con condutor tipo R.H.Z.1 12/20 kV 3×240 mm2 Al, con orixe na subestación de Palmeira e final en el C.R. Fontán (expediente 26879).

Reforma do centro de transformación Fontán, instalando 5 celas de liña telecontroladas e unha de remonte para conexión coas existentes, en andar superior habilitado para tal fin no interior da caseta actual. Concello de Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de novembro de 2008.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña