DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 27 de novembro de 2008, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/533).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e CC.TT. doutor Fleming, nº 9.

Situación: Ferrol.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15 kV, cunha lonxitude de 0,084 km, con condutor tipo R.H.Z.1 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe e final na L.M.T.S. a C.T. Almendra (expediente 26547), unha vez que entre e saía do C.T. proxectado.

Centro de transformación (C.T.) non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA con relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de novembro de 2008.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña