DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2009, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se anuncia, polo procedemento aberto, a contratación administrativa especial da organización e desenvolvemento de cursos de formación lingüística e metodolóxica no Reino Unido, Estados Unidos, Canadá e Francia para o profesorado participante no programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras, PALE. (Expediente ED-DXOI 02/09-AE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Subdirección Xeral de Ordenación Educativa.

c) Número de expediente: ED-DXOI-02/09-AE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: organización e desenvolvemento de cursos de formación lingüística e metodolóxica no Reino Unido, Estados Unidos, Canadá e Francia para o profesorado participante no programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras, PALE.

b) División por lotes: si, 6 lotes.

Lote 1: viaxes, estadías e cursos de metodoloxía e lingua no Reino Unido para 21 profesores/as de inglés en educación infantil.

Lote 2: viaxes, estadías e cursos de metodoloxía e lingua no Reino Unido para 28 profesores/as de inglés en educación primaria.

Lote 3: viaxes, estadías e cursos de metodoloxía e lingua no Reino Unido para 6 profesores/as CLIL (de seccións bilingües) en educación primaria que imparten a súa área en inglés.

Lote 4: viaxes, estadías e cursos de metodoloxía e lingua en Canadá ou Estados Unidos para 49 profesores/as CLIL (de seccións bilingües) en educación secundaria ou formación profesional que imparten a súa área, materia ou módulo en inglés.

Lote 5: viaxes, estadías e cursos de metodoloxía e lingua en Canadá ou Francia para 4 profesores/as CLIL (de seccións bilingües) en educación secundaria ou formación profesional que imparten a súa área, materia ou módulo en francés.

Lote 6: viaxes, estadías e programas de integración escolar en centros de Canadá para 15 profesores/as CLIL: 13 de inglés e 2 de francés.

c) Lugar de execución: Reino Unido, Estados Unidos, Canadá e Francia.

d) Prazo de execución: os cursos terán unha duración de tres semanas para os lotes 1, 2, 3, 4 e 5 e de catro semanas para o lote 6. A data de inicio e finalización é a que se indica na cláusula 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 293.594,82 euros (IVE excluído). IVE: 46.975,18 euros, o que fai un importe total de 340.570 euros, cuxa distribución por lotes é a que se sinala no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantías.

a) Provisoria: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de licitación, incluído o IVE, dos lotes adxudicados.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Ordenación Educativa.

b) Domicilio: edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 95 75 38.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo de internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11595

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax 981 54 65 42 no mesmo día.

2ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións correspondentes ao lote 6 efectuarase o oitavo día natural contado desde o seguinte á data de finalización do prazo para presentar as ofertas ás 11.00 horas.

A aperturadas proposicións dos restantes lotes efectuarase no prazo dun mes contado desde a data de finalización do prazo para presentar as ofertas ás 11.00 horas.

Se os días sinalados coincidisen en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2009.

María José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria