Por medio desta cédula notifícaselles aos denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.
Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito perante este Servizo Provincial de Transportes de Lugo o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ao da publicación desta cédula.
Para que conste, lles sirva de notificación aos citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Lugo, 20 de xaneiro de 2009.
María del Pilar Represa Fernández
Instrutora-xefa do Servizo Provincial de Transportes de Lugo
Ver referencia pdf "03400D048P139.PDF"