DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se publica o cambio de titularidade da concesión do servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7045; XG-419, A Coruña-Carballo, con anexos.

A Dirección Xeral de Transportes, mediante Resolución do 30 de outubro de 2008, autorizou o cambio de titularidade da concesión V-7045; XG-419 a favor de Compañía Metropolitana de Transportes de Coruña, S.L. por cesión do seu anterior titular, Ruta Bus, S.A.

O que se publica unha vez que se cumpriron os requisitos a que se condicionou tal autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2009.

Mar Chao López

Directora xeral de Transportes