DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2009 pola que se outorga a concesión definitiva para a posta en funcionamento dunha emisora de carácter municipal, para a súa explotación en réxime de xestión directa do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, no concello de Palas de Rei (Lugo).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día vinte e sete de novembro de dous mil oito relativo á adxudicación definitiva dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia, resulta necesario dar publicidade ao mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do día vinte e sete de novembro de dous mil oito, polo que se adxudica definitivamente o servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor do Concello de Palas de Rei, coas características técnicas que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2009.

Manuel José Fernández Iglesias

Director xeral de Comunicación Audiovisual

ANEXO

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de novembro de dous mil oito, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Outorgar a concesión definitiva do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor do Concello de Palas de Rei, para a localidade de Palas de Rei (Lugo).

As características técnicas que se asignan á emisora son:

-Frecuencia (MHz): 107,8.

-Localidade: Palas de Rei.

-Provincia: Lugo.

-Coordenadas xeográficas (lonxitude/latitude): 07º 51’ 58’’ W-42º 52’ 14’’ N.

-Cota (m): 542.

-Denominación da emisión: 256KF8EHF.

-Potencia radiada aparente máxima: 41 w.

-Potencia máxima do equipo transmisor: 50 w.

-Potencia de saída autorizada do transmisor: 50 w.

-Directividade: non directiva.

-Altura sobre o chan, do centro eléctrico da antena (m): 12.

-Altura do mastro sobre o chan (m): 12.

-Altura efectiva máxima (m): 132.

-Polarización da emisión: polarización circular.