DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2009, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, do servizo de limpeza da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense.

A Delegación Provincial da Igualdade e do Benestar en Ourense unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que deseguido se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 5/09.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servizo de limpeza da Residencia Xuvenil Florentino López. Cuevillas de Ourense.

b) Prazo de execución: desde o 1 de abril de 2009 ata o 31 de decembro de 2010.

3. Procedemento e tramitación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: urxente.

4. Orzamento de licitación: 77.875 € (IVE incluído); o importe do IVE é de 10.741,38 €.

-Ano 2009: 33.375,00 € (IVE incluído).

-Ano 2010: 44.500,00 € (IVE incluído).

5. Garantía.

a) Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, sen IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n, 32872 Ourense.

c) Teléfono: 988 38 60 96, telefax: 988 38 60 87.

d) Así mesmo se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http.//www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11518

7. Capacidade e solvencia das empresas.

a) A acreditación da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional é a exixida nos artigos 64 ao 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

b) Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación necesaria: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Igualdade e do Benestar de Ourense ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da LCAP. Cando as disposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 60 87) ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense, Camiño Prado Lonia, s/n, 32872 Ourense

b) Data: o oitavo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das mesmas terá lugar no día hábil seguinte.

c) Hora: a partir das 13.30 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 5 de febreiro de 2009.

P.D. (Orde 16-11-2007)

Xosé Francisco Ferreiro Abelleira

Delegado provincial de Ourense