DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.419

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (885/2008).

Mercedes Rodríguez Fraga, secretaria xudicial do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 885/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luz Trenco Puente contra a empresa Ramón Couto, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decisión.

Estímase parcialmente a demanda formulada por María Luz Trenco Puente, fronte a Ramón Couto, S.L.. En consecuencia:

-Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Ramón Couto, S.L. á demandante María Luz Trenco Puente.

-Condénase a Ramón Couto, S.L. a que no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza opte entre a readmisión inmediata da demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou ao aboamento da indemnización de 901,56 euros, máis, en ambos os casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 40,06 euros diarios. O Fogasa debe estar e pasar por tales declaracións.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abonda coa manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá consignar, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela (A Coruña)».

E para que lles sirva de notificación en forma legal a Ramón Couto, S.L. e a Ramón Carlón Couto, en calidade de administrador único de Ramón Couto, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2009.

A secretaria xudicial

Rubricado