DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.419

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRINTA E CATRO DE MADRID

EDICTO (403/2008).

Fernado Benítez Benítez, secretario do Xulgado do Social número trinta e catro de Madrid, fago saber que, por proposta de providencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Miguel Ángel Cernud Fernández, contra Master, C.B., en reclamación por ordinario, rexistrado co nº 403/2008, se acordou citar a Juan Rey e Raúl Rey, comuneiros da empresa Master, C.B., en ignorado paradoiro, para que compareza o día 6-5-2009 para a realización dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número trinta e catro, sito en r/ Hernani, nº 59-4º, 28020 Madrid, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que se tenten valer. Advírtese que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Master, C.B., expídese esta cédula para a súa publicación no BOP e colocación no taboleiro de anuncios.

Madrid, 20 de xaneiro de 2009.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA