DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.418

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (180/2008).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número un de Lugo, fago saber que no procedemento de execución 180/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de Atilano Vázquez Darriba contra a empresa Construcciones López Gemar, S.L., sobre despedimento, ditouse auto cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Parte dispositiva.

Ao non proceder a empresa á readmisión do traballador Atilano Vázquez Darriba, como así se acordou na sentenza do 18-11-2008, procede substituír a obriga de readmitir por indemnización e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Construcciones López Gemar, S.L., e por este concepto, a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.941,15 euros. Igualmente debo condenar e condeno a referida empresa a que lle aboe ao traballador Atilano Vázquez Darriba polo concepto de salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data desta resolución incluída, a cantidade de 7.357,32 euros. Declárase extinguida a relación laboral que unía o traballador Atilano Vázquez Darriba e a empresa Construcciones López Gemar, S.L. desde a data desta resolución. Notifíqueselles esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Atilano Vázquez Darriba, Construcciones López Gemar, S.L., en paradoiro ignorado, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo que revistan forma de auto ou sentenza, ou se tratar de emprazamento.

Lugo, 21 de xaneiro de 2009.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRINTA E CATRO

DE MADRID