DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.418

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (920/2008).

Ana María Carrasco García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número catro da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 920/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Riero Santos contra a empresa Edificaciones Orivan, S.L., sobre despedimento, ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Manuel Rieiro Santos, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Edificaciones Orivan, S.L., en situación concursal, e contra a empresa Promociones Supor, S.L., resultan adecuados os seguintes pronunciamentos:

1. Declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante.

2. Condeno solidariamente as dúas empresas codemandadas a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opten pola readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 5.465,54 euros, sen aboamento dos salarios de tramitación xerados desde a data do despedimento ata a data de notificación desta sentenza, ao se atopar o traballador en incapacidade temporal derivada do accidente de traballo sufrido.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do Social no prazo dos cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Edificaciones Orivan, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2009.

Ana María Carrasco García

Secretaria xudicial