DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.417

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (940/2008).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se segun autos nº 940/2008, por instancia de Mª Pilar Mallo González contra J. de Moura Comercial, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentenza con data do 20 de xaneiro de 2009 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Mª Pilar Mallo González, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa J. de Moura Comercial, S.L. a que, á súa elección, que deberá efectuar no prazo de cinco días, a readmita no seu posto e condicións de traballo ou a indemnice coa cantidade de 25.025,96 euros, así como a aboarlle, en concepto de salarios de tramitación, a cantidade de 4.632,17 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar o ingreso na c/c de consignacións, código 5604.0000.60.0940.08 de Banesto 0030) desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentenza.

Así mesmo advírtese á parte demandada de que, se fai uso de tal dereito, e opta pola readmisión, durante a tramitación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a prestar os seus servizos á demandada, a menos que prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a J. Moura Comercial, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, o 22 de xaneiro de 2009.

O secretario xudicial

Rubricado