DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.417

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (916/2008).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 916/2008, por instancia de Ainhoa Martín Sánchez contra Jose A. Naveira Tizón, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 9 de xaneiro de 2009 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Ainhoa Martín Sánchez, declaro a improcedencia do seu despedimento e, ao estar a empresa pechada e ser imposible a súa readmisión, declaro a extinción do contrato de traballo na data desta resolución, condenando a empresa Jose A. Naveira Tizon a aboarlle en concepto de indemnización a cantidade de 946,14 €, e como salarios de tramitación ata a data da sentenza a cantidade de 4.397,13 €.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día ao da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar o ingreso na c/c de consignacións código 1533.0000.60.916.08 de Banesto (0030) desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentenza.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a José M. Vázquez Castro, expido e asino esta cédula na Coruña, 21 de xaneiro de 2009.

O secretario xudicial

Rubricado