DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.417

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (453/2008).

Xuízo de divorcio contencioso 453/2008.

Parte demandante: Juana María Castro Dávila.

Parte demandada: José Ignacio Rodríguez García.

No xuízo referenciado ditouse a resolución cuxo texto literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ribeira, 12 de xaneiro de 2008.

Vistos por min, María Isabel Suárez García, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número un de Ribeira e do seu partido xudicial, estes autos de divorcio contencioso co número indicado, no que son partes: como demandante Juana María Castro Dávila, asistida pola avogada Sra. Fernández Barral, en substitución da Sra. Briones Pouso, e representada pola procuradora Sra. Treus Blanco, en substitución da Sra. Martínez Rodríguez, e como demandado José Ignacio Rodríguez García, en rebeldía procesual, recae esta resolución con base nos seguintes,

Decisión.

Que, acollendo a demanda presentada pola procuradora Sra. Martínez Rodríguez, no nome e representación de Juana María Castro Dávila, debo declarar e declaro a disolución por causa de divorcio do matrimonio formado por Juana María Castro Dávila e José Ignacio Rodríguez García, con todos os pronunciamentos inherentes a tal declaración. Así mesmo, acórdase a atribución do domicilio familiar sito no lugar do Covo, número 2, Lampón, Boiro, a Juana María Castro Dávila.

Non se fai expresa imposición das custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Firme que sexa esta sentencia, de ser o caso, procédase á súa inscrición no rexistro civil correspondente.

Contra esta sentenza poderá prepararse, por escrito, ante este xulgado, recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, dentro do prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, mediante este edicto notifícaselle a sentenza a José Ignacio Rodríguez García.

Ribeira, 20 de xaneiro de 2009.

O/a secretario/a xudicial

Rubricado