DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.416

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO MERCANTIL NÚMERO UN DE PONTEVEDRA

EDICTO (138/2006-N).

José Luis Gutiérrez Martín, secretario do Xulgado do Mercantil número un de Pontevedra, fago saber que neste xulgado se seguiron autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade promovido por Agroibéricos Derraza, S.L., representada polo procurador Pedro López López e asistida pola letrada sra. González Alonso, contra Alfonso Rey Rodríguez, declarado en rebeldía procesual, no cal se ditou a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 35/2007.

Na cidade de Pontevedra, 22 de marzo de 2007.

María Zulema Gento Castro, maxistrada xuíza do Xulgado do Mercantil número un de Pontevedra, viu estes autos de xuízo ordinario nº 108/2006 sobre reclamación de cantidade en concepto de responsabilidade de administrador social, promovidos por instancia de Agroibéricos Derraza, S.L., representada polo procurador sr. López e asistida pola letrada sra. González, contra Alfonso Rey Rodríguez, declarado en situación de rebeldía procesual.

Decido que desestimo a demanda formulada polo procurador sr. López, en nome e representación de Agroibéricos Derraza, S.L. contra Alfonso Rey Rodríguez, o que absolvo dos pedimentos deducidos na súa contra con imposición das custas procesuais á parte demandante.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección Primeira, que deberá prepararse ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Alfonso Rey Rodríguez, esténdese esta para que sirva de notificación da sentenza, que será publicada no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 26 de decembro de 2008.

O secretario xudicial

Rubricado