DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.415

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2009 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisoria de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para cubrir unha praza de enxeñeiro industrial desta universidade, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Por Resolución do 3 de novembro de 2008 (DOG do 3 de decembro e BOE do 24 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza de enxeñeiro industrial da USC, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisoria de admitidos e excluídos pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo.-Declarar que non hai aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro.-Indicar que a listaxe de aspirantes admitidos e excluídos está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: http:www1.usc.es/webpas/.

Cuarto.-Os aspirantes excluídos ou que non figuren na relación de admitidos dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Quinto.-Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2009.

Senén Barro Ameneiro

Reitor