DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.415

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a data do sorteo para determinar a composición das comisións que deberán valorar os méritos presentados polos participantes nos concursos xerais de traslados.

A base décimo sétima da Orde do 3 de decembro de 2008 pola que se convoca concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de catedráticas e catedráticos de ensino secundario, catedráticos e catedráticas de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de artes plásticas e deseño, de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller e artes plásticas e deseño, de inspectores de educación así como a base oitava da Orde do 3 de decembro de 2008, pola que se convoca concurso de traslados do corpo de mestres de ámbito estatal e, a base décimo segunda da Orde do 17 de decembro de 2008, pola que se convoca concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación, establecen que para a avaliación dos méritos alegados polos concursantes, no que se refire ás publicacións, se constituirá unha

ou máis comisións, constituídas por unha presidencia designada directamente pola Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e catro vogais designados por sorteo público entre o persoal funcionario de carreira do corpo correspondente.

De acordo con isto resulta necesario facer pública a data e a hora en que terá lugar o sorteo público, de acordo co preceptuado nas referidas ordes, esta secretaría xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-No corpo de mestres constituirase unha única comisión que avaliará todas as especialidades.

Segundo.-Nos restantes corpos constituiranse as seguintes comisións:

-2 comisións para especialidades de letras.

-1 comisión para as especialidades de ciencias.

-1 comisión para tecnoloxía.

-1 comisión para prácticas de FP.

-1 comisión para conservatorios de música e artes escénicas.

-1 comisión para escolas oficiais de idiomas.

-1 comisión para escolas de artes plásticas e deseño.

-1 comisión para os corpos de inspectores de educación e inspectores ao servizo da Administración educativa.

Terceiro.-O sorteo terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela o día 19 de febreiro de 2009, ás 10.00 horas.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2009.

Benito Fernández Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria