DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.412

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2009, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 050 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (técnico especialista en xardín de infancia), polas quendas de promoción interna, cambio de categoría e acceso libre, convocado pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 72, do 15 de abril).

En sesión que tivo lugar o día 11 de febreiro de 2009, o tribunal designado pola Orde do 9 de abril de 2008 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 050, do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (técnico especialista en xardín de infancia), polas quendas de promoción interna, cambio de categoría e acceso libre, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguientes acordos:

Primeiro.-Declarar todos/as os/as aspirantes exentos da realización do cuarto exercicio por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.2.1.d da convocatoria.

Segundo.-De acordo coas bases da convocatoria as/os aspirantes poderán presentar, contra o anterior acordo as alegacións que consideren oportunas no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2009.

Gema Montero Garmarra

Presidenta do tribunal