DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.345

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2008 pola que se fai público o resultado do proceso de selección da convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ao período 2008-2009.

Por Resolución do 18 de xuño de 2008, aprobáronse as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia e convocáronse as correspondentes ao período 2008/2009 (DOG nº 127, do 2 de xullo). Por Resolución do 9 de decembro de 2008 (DOG nº 251, do 29 de decembro) ampliouse o orzamento e o prazo de resolución e notificación da convocatoria.

A dotación orzamentaria é a seguinte:

Medida Importe

311 2.355.304

312 7.067.915

313 1.020.632

321 6.427.489

323 2.714.509

Total 19.585.849

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia dispón que o órgano concedente publicará no diario oficial correspondente as subvencións concedidas.

Pola súa banda, o artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas, exixe publicar na páxina web a concesión das subvencións.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Agader http://agader.xunta.es, o resultado do proceso de concesión das subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para o período 2008-2009, convocadas por Resolución do 18 de xuño de 2008.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2008.

Edelmiro López Iglesias

Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Ver referencia pdf "03400D022P061.PDF"