DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.328

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2009 pola que se convoca un curso superior de protección civil.

Dentro do programa de actividades que a Academia Galega de Seguridade Pública ten previsto realizar no ano 2009, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, de creación da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dun curso superior de protección civil, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

A formación, capacitación e perfeccionamento profesional do persoal técnico en temas de protección civil, tendo en conta as súas funcións de responsabilidade na planificación, coordinación, dirección e toma de decisións en todo tipo de emerxencias.

Destinatarios.

-Persoal técnico de protección civil da Administración autónoma de Galicia.

-Persoal técnico, funcionarios con responsabilidade en protección civil da Administración local (bombeiros, policía local, funcionarios municipais con responsabilidade en protección civil) e da Administración xeral do Estado en Galicia.

-Xefe, subxefe ou xefe de unidade das agrupacións de voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan realizado o curso básico e dous cursos de segundo nivel.

Desenvolvemento.

1. Prazas: vinte e sete (27).

2. Duración: 130 horas lectivas.

3. Datas: do 13 de abril ao 2 de xuño de 2009.

O curso desenvolverase os luns e martes todo o día.

O horario será o seguinte:

-Mañás: das 9.30 ás 14.00 horas.

-Tardes: das 16.00 ás 20.00 horas.

4. Lugar: o curso realizarase na sede da Academia Galega de Seguridade Pública no concello da Estrada.

Solicitudes e prazo de inscrición.

1. A inscrición dos/das participantes é gratuíta.

2. As persoas interesadas poderán cubrir a solicitude que se amosa na páxina web http://agasp.xunta.es, ou o modelo anexo á convocatoria da actividade.

3. As solicitudes deberán vir asinadas pola persoa responsable da correspondente unidade e co selo desta. Este será requisito indispensable para ser admitido no curso.

4. Presentación das solicitudes:

-Por correo á sede da Academia Galega de Seguridade Pública: avenida da Cultura, s/n 36680, A Estrada

-A través do fax nº 886 20 61 23 do Servizo de Formación-Sección de Protección Civil e Bombeiros da AGASP, ou

-Segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 23 de marzo de 2009.

Contido.

O curso consta de once módulos con clases teórico-prácticas:

Módulo I: Riscos naturais

-Temporais, choivas, xeadas, fortes ventos.

-Predición meteorolóxica, interpretación de boletíns, de fenómenos meteorolóxicos e mapas.

- Movementos sísmicos.

- Encoros.

Módulo II: Riscos tecnolóxicos.

-Risco químico.

-Transportes de mercadorías perigosas.

-Risco radioactivo.

-Risco gas natural.

Módulo III: Prevención e protección contra os incendios urbanos e forestais.

Módulo IV: Tráfico e seguranza viaria.

Módulo V: Cartografía, orientación e localización. Interpretación de planos.

Módulo VI: Asistencia sanitaria e apoio psicolóxico en situacións de catástrofes e accidentes.

Módulo VII: Normativa legal.

-A protección civil como servizo público.

-Agrupacións de voluntarios de protección civil.

-Responsabilidade civil e penal.

Módulo VIII: Análise de risco.

Módulo IX: Prevención: Autoprotección e planificación.

Módulo X: Dirección e xestión das emerxencias.

Módulo XI: Información á poboación e aos medios de comunicación.

-Telecomunicación e sistemas de información.

Criterios de selección.

Para ser admitidos no curso, no caso de haber máis dunha solicitude da mesma entidade terase en conta a orde de preferencia establecida polo/a presidente/a da agrupación ou xefe/a do organismo a que estea adscrito.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos/as farase pública o día 2 de abril de 2009 na páxina web http://agasp.xunta.es.

Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade en todas as actividades do curso. A falta de asistencia, mesmo cando sexa xustificada, en máis dun 10% das horas lectivas programadas determinará a cualificación de non apto no curso.

Certificado de aproveitamento.

Ao final do curso entregaráselles un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada e superen as correspondentes probas de coñecementos e a realización dun traballo escrito, relativo aos módulos que o compoñen.

Modificacións.

Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 10 de febreiro de 2009.

P.S. (Disp. 1ª Orde 31-1-2008;

DOG nº 23, do 1 de febreiro)

Mª Isabel Durántez Gil

Directora xeral de Interior

Ver referencia pdf "03400D014P044.PDF"