DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 30/2009, do 21 de xaneiro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun inmoble realizada polo Concello de Santiago de Compostela á Comunidade Autónoma de Galicia no estadio multiusos de San Lázaro.

Con data do 1 de marzo de 1993 asinouse convenio de cooperación entre a entón denominada Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Santiago de Compostela polo que este último se comprometía a ceder o uso de 1.500 m2 no estadio multiusos de San Lázaro.

O 15 de maio de 1997 asinouse acordo entre a Consellería de Economía e Facenda e o Concello de Santiago de Compostela polo que se modifican os termos da cesión, comprometéndose o concello a ceder a propiedade.

O 28 de novembro de 1997 o Pleno do Concello de Santiago adoptou o acordo de ceder á Comunidade Autónoma a propiedade dun local de 1.500 m2 no estadio multiusos de San Lázaro.

Unha vez regularizado rexistralmente o inmoble, a Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e un de xaneiro do dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase nos termos establecidos polo Concello de Santiago de Compostela a cesión a título gratuíto do inmoble que se describe da maneira seguinte:

Predio número tres, local C, situado na planta primeira norte, integrante dun edificio, destinado a equipamento deportivo público, situado na avenida Fernando Casas Novoa, s/n, construído sobre a parcela de forma curvilínea denominada como ZD-I nos planos de ordenación do Plan Especial para o desenvolvemento do sistema xeral de equipamento deportivo ZD-2, área deportiva de San Lázaro, que é o estadio multiusos de San Lázaro, no concello de Santiago. Ten o seu acceso desde a planta de ingreso, baixa, con entrada desde a vía pública independente do resto dos locais do edificio. Ocupa unha superficie de 1.500 m2. Linda: en planta baixa, acceso, fronte ou norte e de esquerda a dereita, con vía pública, vestíbulo e escaleira catro integrados no local D desta división; fondo ou sur, co local B antes descrito; leste ou esquerda entrando, local B desta división; oeste ou dereita entrando con vestíbulo catro integrado no local D. En planta primeira: norte ou fronte e de esquerda a dereita,

escaleira oito que forma parte do local D desta división, voo sobre a vía pública, escaleira sete integrada no local D desta división, voo sobre a vía pública, escaleira seis integrada no local D, voo sobre a vía pública, escaleira cinco, voo sobre a vía pública, escaleira catro que forma parte do local D, voo sobre a vía pública, escaleira tres integrada no local D desta división, voo sobre a vía pública, escaleira dúas pertencente ao local D, voo sobre a vía pública; sur ou fondo entrando, galería de instalacións do estadio; dereita entrando, descrito sensiblemente de leste a oeste escaleiras sete, seis, cinco, catro, tres, dúas, un integradas no local D desta división e máis deste local; esquerda entrando, descrito sensiblemente de leste a oeste, local D desta división e escaleiras oito, sete, seis, cinco, catro, tres, dúas, integradas no local D. Cota de participación de tres douscentos setenta e seis enteiros por cento. Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago no

tomo 1554, libro 490, folio 195, predio 41.758.

Artigo 2º

O inmoble destinarase aos servizos da administración deportiva da Xunta de Galicia.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, vinte e un de xaneiro de dous mil nove.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda