DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.310

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 27 de xaneiro de 2009 pola que se clasifica como de interese tecnolóxico a Fundación Centro Tecnolóxico do Naval Galego.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Centro Tecnolóxico do Naval Galego, con domicilio en Ferrol.

Supostos de feito.

1. Fernando Blanco Álvarez, na súa condición de presidente da fundación, formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Ferrol, o quince de febreiro de dous mil oito, ante a notaria Carmen Susana Mora Ferreiro, co número de protocolo trescentos cincuenta e catro, pola Xunta de Galicia, representada por Fernando Xabier Blanco Álvarez, conselleiro de Innovación e Industria, a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, representada por Xosé Luis Villasante Carrera; pola Universidade da Coruña, representada por Luís Fernando Barral Losada; a Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (Aimen), representada por Fernando Emilio Vázquez Peña; a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga), representada por Tomás Casquero Cimadevila; Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos (Coin), representado por Guillermo Manuel Jorge María Gefaell Chamochín; Astilleros Armón-Vigo, S.A., representada por Laudelino Alperi Baragaño; Hijos de J. Barreras, S.A., representada por José Manuel Maceiras

Varela; Francisco Cardama, S.A., representada por Mario Cardama Barrientos; Montajes Cíes, S.L., representada por María Saray Seoane González; Factoría Naval de Marín, S.A., representada por Ramiro Pablo Comesaña Vázquez; Construcciones Navales P. Freire, S.A., representada por Marcos Freire García; Metalships & Docks, S.A., representada por Alberto Iglesias González; e Factorías Vulcano, S.A., representada por José Manuel Domínguez Álvarez. Esta escritura foi complementada por outra do catorce de xullo de dous mil oito outorgada ante a mesma notaría, con número de protocolo mil cincocentos catro.

3. Segundo consta no artigo sete dos estatutos, son fins da fundación contribuír ao fortalecemento, potenciación, crecemento e mellora da competitividade na industria naval de Galicia, mediante o logro da excelencia na investigación e o desenvolvemento tecnolóxico. De maneira prioritaria, este obxectivo concretarase na construción, dotación de recursos, posta en marcha e xestión do Centro de Investigación e Tecnoloxía Naval de Galicia.

Serán fins específicos da fundación:

a) Produción, promoción e divulgación do coñecemento, especialmente no campo das tecnoloxías relacionadas co sector naval e sectores afíns, así como a formación de persoal técnico e científico experto en tales tecnoloxías.

b) Fomento de colaboracións académicas e científicas con universidades e grandes centros de investigación nacionais e estranxeiros especializados en tecnoloxías de aplicación ao sector naval.

c) Establecemento de colaboracións e outros mecanismos de cooperación, na forma que legalmente proceda, coas administracións públicas e o sector privado nas materias propias da súa actividade, para a mellora da súa capacidade tecnolóxica.

d) Achegamento, confluencia e coordinación da investigación básica e aplicada, operando como centro de transferencia de tecnoloxía cando resulte procedente.

e) Organización de encontros e reunións científico-tecnolóxicas de ámbito autonómico, nacional e internacional.

f) Calquera outro fin que o padroado considere de interese para o desenvolvemento do obxecto fundacional.

4. O padroado da fundación estará integrado por Fernado Xabier Blanco Álvarez, conselleiro de Innovación e Industria, como presidente; José Domínguez Álvarez, en representación de Factorías Vulcano, S.A., como vicepresidente; Luis Fernando Barral Losada, en representación da Universidade da Coruña, como secretario, e polos seguintes vogais:

En representación da Xunta de Galicia: Emilio Nogueira Moure, secretario xeral da Consellería de Innovación e Industria; Salustiano Mato de la Iglesia, director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación; María Elena Veiguela Martínez, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información; Anxo Ramón Calvo Silvosa, director xeral de Industria, Enerxía e Minas; Xulia Guntín Araújo, subdirectora xeral de Xestión do PXIDIT; Manuela Fraguela Seoane, subdirectora xeral de Promoción Industrial e Comercio Exterior, e Isabel Cadenas Pérez, subdirectora xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, da Consellería de Innovación e Industria.

En representación da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Xosé Luis Villasante Carrera.

En representación da Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (Aimen), Fernando Emilio Vázquez Peña.

En representación da Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga), Tomás Casquero Cimadevila.

En representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos (Coin), Guillermo Manuel Jorge María Gefaell Chamochín.

En representación de Astilleros Armón-Vigo, S.A., Laudelino Alperi Baragaño.

En representación de Hijos de J. Barreras S.A., José Manuel Maceiras Varela.

En representación de Francisco Cardama, S.A., Mario Cardama Barrientos.

En representación de Montajes Cíes, S.L., María Saray Seoane González.

En representación de Factoría Naval de Marín, S.A., Ramiro Pablo Comesana Vázquez.

En representación de Construcciones Navales P. Freire, S.A., Marcos Freire García.

En rperesentación de Metalships & Docks, S.A., Alberto Iglesias González.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese tecnolóxico da Fundación Centro Tecnolóxico do Naval Galego, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpridos os requisitos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese tecnolóxico e a súa adscrición á Consellería de Innovación e Industria.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. A documentación presentada reúne os requisitos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, entre outros os establecidos nos artigos 11 e 12 referidos ao contido da escritura de constitución e dos estatutos.

4. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais, na súa reunión do día vinte e seis de xaneiro de dous mil nove.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar de interese tecnolóxico a Fundación Centro Tecnolóxico do Naval Galego e adscribila á Consellería de Innovación e Industria, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2009.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza