DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.297

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 11 de febreiro de 2009 pola que se nomean os membros das comisións de participación cidadá.

Tal e como se recolle no artigo 22 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, consonte o establecido nos artigos 9.2 e 129.1º da Constitución española e nos artigos 5 e 53 da Lei 14/1986, xeral de sanidade, así como no artigo 13 da propia lei, a cidadanía da Comunidade Autónoma galega ten o dereito a participar, a través dos órganos de participación comunitaria, na xestión do Sistema Público de Saúde de Galicia nas cuestións que afecten directamente a calidade de vida ou o benestar xeral e, en concreto, na formulación da política sanitaria e no control da súa execución.

O artigo 26 da lei recolle como unha forma de participación social as comisións de participación cidadá, atribuíndo á persoa titular da Consellería de Sanidade, mediante orde, regular a composición e establecer as súas normas xerais de organización e funcionamento.

Ao abeiro do disposto nos artigos 125.2º e 127 da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de saúde de Galicia, hoxe derrogada pola Lei 8/2008, que así mesmo recollían a participación comunitaria como un valor social e como un elemento de cooperación e información do sistema sanitario de Galicia para mellorar a saúde e o benestar dos cidadáns, así como a súa promoción, foi publicada a Orde do 27 de maio de 2005, pola que se aproba a composición, organización e funcionamento das comisións de participación cidadá.

En desenvolvemento do artigo 25 do Decreto 15/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estrutura da área sanitaria de Ferrol, pola Orde do 17 de agosto de 2006, publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de setembro, foron nomeados os membros da comisión de participación cidadá da área sanitaria de Ferrol. Así mesmo, pola Orde do 1 de setembro de 2008, publicada no Diario Oficial de Galicia do 10 de setembro, foron nomeados os membros das comisións de participación cidadá das áreas sanitarias da Coruña, Cervo-Burela, Lugo, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, O Salnés, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.

No tempo transcorrido desde entón, producíronse modificacións nas propostas dalgunhas das representacións que as compoñen así como na configuración de entidades ou centros directivos debido aos cesamentos e conseguintes nomeamentos de novos membros. Algúns deles foron recollidos en posteriores modificacións e correccións de erros, polo que a día de hoxe, a composición das distintas áreas sanitarias atópase dispersa, de xeito que dificulta a súa consulta completa e actualizada.

Como consecuencia do anterior, considérase o máis axeitado refundir nunha soa norma a composición das comisións de participación cidadá das áreas sanitarias vixentes, coa finalidade de adaptalas á situación actual.

En consecuencia, conforme as facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Ao abeiro do disposto nos artigos 22 e 26 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, noméanse as persoas que se relacionan nos anexos como membros das comisións de participación cidadá das áreas sanitarias de Ferrol, A Coruña, Cervo-Burela, Lugo, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, O Salnés, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas:

-A Orde do 17 de agosto de 2006 pola que se nomean os membros da Comisión de participación cidadá da área sanitaria de Ferrol.

-A Orde do 8 de novembro de 2007 pola que se modifica a do 17 de agosto de 2006 e se dispón o cesamento de membros da comisión de participación cidadá da área sanitaria de Ferrol.

-A Orde do 8 de novembro de 2007 pola que se modifica a do 17 de agosto de 2006 e se dispón o nomeamento de membros da comisión de participación cidadá da área sanitaria de Ferrol.

-A Orde do 1 de setembro de 2008 pola que se nomean os membros das comisións de participación cidadá.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2009.

Mª José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Área sanitaria de Ferrol

Presidente: José Ramón García López, director da área sanitaria.

Secretario: Ignacio García García, director de Recursos Humanos da área.

-Entidades locais:

Concello das Pontes de García Rodríguez: Valentín González Formoso.

Concello de Cedeira: Francisco Hermida Mosquera.

Concello de Fene: Rita Mª Couto Seijido.

Concello de Ferrol: Beatriz Sestayo Doce e Casimiro Pablo Cal Martínez.

Concello de Narón: Manuel A. Ramos Rodríguez.

Concello de Ortigueira: Mª Cruz Sabio Teijeiro.

Concello de Pontedeume: Ruth García Campos.

-Asociacións veciñais:

Xosé Miguel López Pérez.

Salustiano Gómez Rodríguez.

Manuel Carpente.

-Asociacións empresariais:

Dolores Garrido Haz.

Rafael López Miranda.

José Ramón López Vivero.

-Organizacións sindicais:

Antonio Manso Bouza (UGT).

Xesús Anxo López Pinto (CIG).

Mª Áurea Vázquez Estraviz (CC.OO.).

-Persoal directivo:

Mª Dolores Rodriguez Mayo, xerente de procesos.

Ángel Facio Villanueva, director de procesos médicos.

Rosa Arroyo Castillo, directora de procesos cirúrxicos.

Jorge Yáñez Fernández, director de urxencias e procesos ambulatorios.

Nieves Loureiro Pérez, directora de procesos de enfermaría.

Ángela Calderón de Arriba, directora de Recursos Económicos e Servizos Xerais.

ANEXO II

Área sanitaria da Coruña

Presidente: José Manuel García Buitrón, xerente do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Vicepresidenta: Mª Jesús Cerecedo Pérez, xerente de Atención Primaria de A Coruña.

Secretario: Javier Fernández Nistal, subdirector de RR.HH. do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

-Entidades locais:

Titulares: Nieves Vázquez Novo (concelleira da Coruña).

Manuel V. Alonso de León (alcalde de Camariñas).

Francisco Javier Caínzos Vázquez (alcalde de Curtis).

Abel López Soto (alcalde de Sada).

Suplentes: Florencio Cardador Canelo (concelleiro da Coruña).

Mª Carmen Linares Chica (concelleira de Camariñas).

José Ramón Peón Pérez (alcalde de Oza dos Ríos).

Evencio Ferrero Rodríguez (alcalde de Carballo).

-Asociacións veciñais:

Titulares: Juan Carlos Quintela García.

José Ramírez Ponte.

Arturo Cabado Vizcaíno.

Pedro Méndez Zas.

Suplentes: Enrique Fernández Maceiras.

Domingo Álvarez Alvedro.

Rogelio Suárez Lago.

Mª Teresa Agilda Fernández.

-Organizacións empresariais:

Titulares: Mª Teresa Valdés Blanco-Rajoy.

Jorge Cobián Casares.

Suplentes: Ana Mª Fernández Fernández.

Rafael Silva Agregan.

-Organizacións sindicais:

Titulares: Mª Jesús Seijo García (CIG).

Demetrio Vázquez Martínez (CC.OO.).

Hermindo Martínez Paredes (UGT).

Cayetano Galán Millán (UGT).

Suplentes: Ramón Veras Castro (CIG).

Encarna Crujeiras Pérez (CC.OO.).

Mónica Lage Lejo (UGT).

José Ángel Morais Penedo (UGT).

ANEXO III

Área de Cervo-Burela

Presidente: José Manuel Casdelo Filgueiras, xerente do Hospital Comarcal da Costa.

Vicepresidente: José Luis Rodríguez López, director provincial do Servizo Galego de Saúde en Lugo.

Secretario: Juan Narciso Rodríguez Gude, director de Xestión e SS.XX. do Hospital da Costa.

-Entidades locais:

Titulares: Melchor Roel Rivas (alcalde de Viveiro).

Alfredo Llano García (alcalde de Burela).

José Demetrio Salgueiro Rapa (alcalde de Xove).

Orlando González Cruz (alcalde de Mondoñedo).

Suplentes: Isabel Rodríguez López (tenente-alcalde de Viveiro).

Sonia Fraga Seara (concelleira de Burela).

Alfonso Villares Bermúdez (alcalde de Cervo).

Fernando Suárez Barcia (alcalde de Ribadeo).

-Asociacións veciñais:

Titulares: Fátima Rodríguez Moreda.

Manuel Rodríguez Maseda.

Carlos Saa Fernández.

Francisco José Campos Dorado.

Suplentes: Marcelino Cao Pedreira.

José Roda Vázquez.

Atilano Fernández Fernández.

Teresa Pardo Correa.

-Organizacións empresariais:

Titulares: José Insua Pernas.

Alberto Ramos Ardá.

Suplentes: José Ramón Meilán Devesa.

Francisco Pintado Otero.

-Organizacións sindicais:

Titulares: María Paz Ramil Maceda (CIG).

Rosa María López Expósito (CC.OO.).

Lorenzo Fernández Posada (UGT).

Carlos Pérez Méndez (UGT).

Suplentes: Dolores García Docobo (CIG).

Covadonga Viamonte Aguiar (CC.OO.).

Eduardo Yáñez Pérez (UGT).

Cruz Martínez Trilles (UGT).

ANEXO IV

Área sanitaria de Lugo

Presidente: Francisco Martínez Otero, xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Vicepresidenta: Josefa Díaz Otero, xerente de Atención Primaria de Lugo.

Secretario: Manuel Gómez López, director de Xestión e SS.XX. do CH Xeral-Calde.

-Entidades locais:

Titulares: Mª Carmen Basadre Vázquez (concelleira de Lugo).

Darío Campos Conde (alcalde da Pontenova).

Fernando A. Pensado Barbeira (alcalde de Palas de Rei).

Federico Gutiérrez Estoa (alcalde de Riotorto).

Suplentes: Lino González Dopeso (concelleiro de Lugo).

Francisco Martínez Bermúdez (concelleiro da Pontenova).

José A. Ferreiro González (alcalde do Corgo).

Orlando González Cruz (alcalde de Mondoñedo).

-Asociacións veciñais:

Titulares: José Manuel Carballo Vázquez.

Manuel Castiñeira Abuín.

Jesús Vázquez Varela.

Ángel Carlos Maciñeiras Calles.

Suplentes: Fernando Rois Rois.

Carmen García López.

José Carballido Cerceda.

Juan Manuel Castro Peña.

-Organizacións empresariais:

Titulares: Justo Jorge López.

Manuel Ángel López-Pardo Pardo.

Suplentes: José Luis Campos Veiga.

Natividad Baamonde Longueira.

-Organizacións sindicais:

Titulares: Francisco Villanueva González (CIG).

Jesús A. Castro Baamonde (CC.OO).

Ignacio Garaigorta Eguren (UGT).

Eliseo Rivas Pernas (UGT).

Suplentes: Xosé Vázquez Pérez (CIG).

Dolores Maceda Fernández (CC.OO).

Pedro Faustino González González (UGT).

Mª Luisa Sánchez Otero (UGT).

ANEXO V

Área sanitaria de Monforte de Lemos

Presidente: Javier Puente Prieto, xerente do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Vicepresidente: José Luis Rodríguez López, director provincial do Servizo Galego de Saúde en Lugo.

Secretaria: María Belén Prieto Robisco, directora de Xestión e SS.XX do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

-Entidades locais:

Titulares: Manuel A. Taboada Rodríguez (alcalde de Chantada).

José López Fontal (alcalde de Folgoso do Courel).

Julio Álvarez Núñez (alcalde de Quiroga).

Severino Rodríguez Díaz (alcalde de Monforte de Lemos).

Suplentes: Araceli Río Bimbiela (concelleira de Chantada).

Manuel Desiderio Bouza Caro (concelleiro de Folgoso do Courel).

José Luis Álvarez Blanco (alcalde de Pantón).

Xosé Luis Maceira Vilariño (alcalde de Pobra de Brollón).

-Asociacións veciñais:

Titulares: David Rodríguez Rodríguez.

Herminia Casanova López.

Ricardo Varela Varela.

Eugenio Rodríguez Rodríguez.

Suplentes: Mª del Carmen Macía Rodriguez.

Manuela López López.

Andrés Somoza Blanco.

Aurora Franco Díaz.

-Organizacións empresariais:

Titulares: Jesús Ovidio Pérez Reñones.

Jorge Somoza Lázare.

Suplentes: Antonia Iglesias Galiano.

Emilio Rodríguez Díaz.

-Organizacións sindicais:

Titulares: Carmen Aira Díaz (CIG).

Víctor Julio Sánchez (CC.OO.).

J. Antonio Soengas Vázquez (UGT).

Ana María Meira Sío (UGT).

Suplentes: Pilar Fernández Fernández (CIG).

Argimiro Rodríguez Taboada (CC.OO.).

Manuel Arias Parada (UGT).

Mª Carmen Fernández Álvarez (UGT).

ANEXO VI

Área sanitaria do Barco de Valdeorras

Presidente: Roberto Rodríguez Alonso, xerente do Hospital Comarcal de Valdeorras.

Vicepresidente: Manuel Blanco Ramos, xerente de Atención Primaria.

Secretario: Manuel Cobreiro Marqués, secretario provincial do Servizo Galego de Saúde en Ourense.

-Entidades locais:

Titulares: Alfredo García Rodríguez (alcalde do Barco de Valdeorras).

Arcadio González Rodríguez (alcalde de Vilariño de Conso).

Elías Rodríguez Núñez (alcalde de Rubiá).

Xosé Antonio Núñez Domínguez (alcalde de Manzaneda).

Suplentes: Luis Ramos (concelleiro do Barco de Valdeorras).

José Antonio Basteiro García (concelleiro de Vilariño de Conso).

Ignacio Doce Franco (concelleiro de Rubiá).

Pablo Iglesias Crespo (tenente-alcalde da Rúa).

-Asociacións veciñais:

Titulares: Mª Carmen Carracedo López.

Rosario González Oliveira.

Carmen Álvarez Rodríguez.

Pilar Tato Rodríguez.

Suplentes: Mª Jesús Díaz García.

Raquel Crespo Castro.

Ana Mª Durán.

Mª Carmen Dobao Cerejido.

-Organizacións empresariais:

Titulares: Eduardo Calvo Blanco.

Mª Pilar Delgado Campos.

Suplentes: Severino González Álvarez.

Santiago Melo Moreno.

-Organizacións sindicais:

Titulares: Xosé Manuel Álvarez Fernández (CIG).

Luis Alba Álvarez (CC.OO.).

Manuel Arias Martínez (UGT).

Víctor Pariente Contreras (UGT).

Suplentes: Susana Méndez Rodríguez (CIG).

Manuel Ojea Prada (CC.OO.).

Rolando Perropa Pimpineli (UGT).

José Paradelo Arias (UGT).

ANEXO VII

Área sanitaria do Salnés

Presidente: Pedro Soler Bordoy, xerente do Hospital do Salnés.

Vicepresidente: Antonio Regueiro Martínez, xerente de Atención Primaria Norte.

Secretaria: Ana Mª González Sánchez, asesora xurídica do Hospital do Salnés.

-Entidades locais:

Titulares: Victoria Hierro Lorenzo (concelleira de Vilagarcía de Arousa).

José Manuel Vázquez Vázquez (alcalde da Illa de Arousa).

José Manuel Cores Tourís (alcalde de Cambados).

Ana Isabel Lorenzo Fraga (concelleira de Vilagarcía de Arousa).

Suplentes: Mª Dolores Couso Rodríguez (concelleira de Vilagarcía de Arousa).

Juan Luciano Otero Besada (concelleiro da Illa de Arousa).

Salomé Peña Muñiz (alcaldesa de Ribadumia).

Rosa Mª Abuín Rodríguez (concelleira de Vilagarcía de Arousa).

-Asociacións veciñais:

Titulares: María Blanco Mariño.

Juan Antonio Conde Touriño.

Víctor Narduzzi González.

Mercedes Prado Cores.

Suplentes: Diego David Bouzada Loureiro.

Faustino Laya Torreiro.

Roberto Mariño Castro.

Celia Vilas Martínez.

-Organizacións empresariais:

Titulares: Alberto Domínguez Vaz.

Carlos Paz Miño.

Suplentes: Rafael Domínguez Vaz.

Miguel Domínguez Vaz.

-Organizacións sindicais:

Titulares: Begoña Agrelo García (CIG).

Sol Barreiro Pulido (CC.OO.).

Felipe García Calvo (UGT).

Cándido Sartier Boubeta (CIG).

Suplentes: Cándido Sartier Boubeta (CIG), membro rotatorio por un ano.

Fernando Ramos Armesto (CC.OO.).

Rafael Martínez-Almeida Fernández (UGT).

ANEXO VIII

Área sanitaria de Ourense

Presidente: Manuel Blanco Ramos, xerente de Atención Primaria.

Vicepresidente: José Luis Jiménez Martínez, xerente do Complexo Hospitalario de Ourense.

Secretario: Manuel Cobreiro Marqués, secretario Provincial do Servizo Galego de Saúde en Ourense.

-Entidades locais:

Titulares: Margarita Martín Rodríguez (concelleira de Ourense).

Luis Milia Méndez (alcalde de Carballeda de Avia).

Rogelio Martínez González (alcalde de Arnoia).

Teresa Barge Bello (alcaldesa da Bola).

Suplentes: María Devesa Carbajales (concelleira de Ourense).

Concepción López González (concelleira de Carballeda de Avia).

Francisco A. Veiga Romero (alcalde de Riós).

Xaquín Rodríguez Ambrosio (alcalde de Rairíz de Veiga).

-Asociacións veciñais:

Titulares: Juan E. Mosquera Vázquez.

Remigio González Serantes.

Eladio Pérez Reinoso.

Mercedes Rodríguez Alcalá.

Suplentes: Alfonso Torres González.

Antonio Vila Murias.

Arsenio Gómez.

José Quintás Gómez.

-Organizacións empresariais:

Titulares: Emilio Pedro González Iglesias.

Carlos Abella García.

Suplentes: Josefina Martínez.

Mª José de Miguel Pérez.

-Organizacións sindicais:

Titulares: Etelvino Blanco Rodríguez (CIG).

Ana Barrios López (CC.OO.).

José Luis Fernández Celis (UGT).

José Rodríguez Alonso (UGT).

Suplentes: Antolín Fernández Álvarez (CIG).

Purificación Paradela Rodríguez (CC.OO.).

David Outomuro Seara (UGT).

Luis Gómez Álvarez (UGT).

ANEXO IX

Área sanitaria de Pontevedra

Presidenta: María Codesido López, xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Vicepresidente: Antonio Regueiro Martínez, xerente de Atención Primaria Norte.

Secretaria: Mª José Rial Liñares, asesora xurídica do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

-Entidades locais:

Titulares: Begoña Castro Martínez (concelleira de Caldas de Reis).

Francisco Veiga Soto (alcalde de Marín).

Perfecto Rodríguez Muíños (alcalde de Ponte Caldelas).

Félix Juncal Novas (alcalde de Bueu).

Suplentes: Socorro Tobío Barreiro (concelleira de Caldas de Reis).

Mª Luz Santiago Suárez (concelleira de Marín).

Julio Sayáns Bugalo (alcalde de Campo Lameiro).

Luciano Sobral Fernández (alcalde de Poio).

-Asociacións veciñais:

Titulares: Ángel Mario Lago Serafín.

Begoña Mallo Rey.

José Patricio Recamán.

Verísimo Pazos Besada.

Suplentes: José Luis Carragal.

Mª de las Mercedes Fernández López.

Rosa Goldar Durán.

Mª del Carmen Vázquez Nores.

-Organizacións empresariais:

Titulares: Elías Muíños García.

Carlos Paz Miño.

Suplentes: Alberto Domínguez Vaz.

Pilar Pérez-Lafuente.

-Organizacións sindicais:

Titulares: Isabel Vidal Meijón (CIG).

Jaime Rodríguez Acuña (CC.OO.).

Jorge Castelo Silveira (UGT).

Miguel Suárez Briones (CIG).

Suplentes: Miguel Suárez Briones (CIG), membro rotatorio por un ano.

Antonio Millares Jorge (CC.OO.).

Juan Ramón Vidal Trillo (UGT).

ANEXO X

Área sanitaria de Santiago de Compostela

Presidente: Jesús Caramés Bouzán, xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Vicepresidenta: Ana Castaño Carou, xerente de Atención Primaria de Santiago de Compostela.

Secretaria: Susana Cerqueiro Gómez, subdirectora operativa do CHU de Santiago.

-Entidades locais:

Titulares: Mar Martín García (concelleira de Santiago).

José Antonio Dono López (alcalde da Estrada).

Manuel Taboada Vigo (alcalde de O Pino).

Martiño Noriega Sánchez (alcalde de Teo).

Suplentes: José Baqueiro Canabal (concelleiro de Santiago).

Ana Mª Asorey Brea (concelleira da Estrada).

Manuel Tomé Piñeiro (alcalde de Porto do Son).

Xosé Deira Triñanes (alcalde de Boiro).

-Asociacións veciñais:

Titulares: Germán Hermida Noval.

Ángel Luis Lado Llerena.

Teresa Barral Ameigeiras.

Juan José Álvarez Carril.

Suplentes: Javier Sorribas Chavez.

Fernando Peleteiro Fernández.

Dolores Alende Cea.

Juan Jesús Rivas González.

-Organizacións empresariais:

Titulares: Manuel Granja González.

Rafael Silva Agregan.

Suplentes: Mª Teresa Valdés Blanco-Rajoy.

Jorge Cobián Casares.

-Organizacións sindicais:

Titulares: Xosé Manuel Marcote Baña (CIG).

Concepción Trasande Sorey (CC.OO.).

Antonio García Vázquez (UGT).

Mª Luisa Puente Gómez (CIG).

Suplentes: Mª Luisa Puente Gómez (CIG), membro rotatorio por un ano.

Emilia Lamas Seoane (CC.OO.).

Santiago Otero Asorey (UGT).

ANEXO XI

Área sanitaria de Vigo

Presidente: Carlos Eirea Eiras, xerente de Atención Primaria Sur.

Vicepresidente: José Luis Díaz Fernández, xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Secretaria: Ana Mª Rodríguez Senra, secretaria da Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde.

-Entidades locais:

Titulares: Serafín Martínez Martínez (alcalde de Fornelos de Montes).

Mª Jesús Lago Rey (concelleira de Vigo).

Jesús Vázquez Almuíña (alcalde de Baiona).

Raúl Francés Rodríguez (alcalde do Porriño).

Suplentes: Alfonso Ventín Estévez (concelleiro de Fornelos de Montes).

Mª Jesús Escudero Lago (alcaldesa de Mos).

Raúl Emilio Castro Rodríguez (alcalde das Neves).

José Manuel Millán Otero (alcalde de Moaña).

-Asociacións veciñais:

Titulares: José Manuel Fernández González.

Dolores Casariego Lois.

Mª Rosario Fernández Comesaña.

Mª Pilar García Sole.

Suplentes: Xosé Couñago Ribeira.

María Villaraviz Goberna.

Elena González Sánchez.

Luis Martínez Portela.

-Organizacións empresariais:

Titulares: Carmen Alonso-Macías Jorreto.

José Bernardo Silveira Martín.

Suplentes: Luis Geremías Carnero.

Carmen Suárez Martínez.

-Organizacións sindicais:

Titulares: Antonio Iglesias Duarte (CIG).

Daniel Costas Fernández (CC.OO.).

Pilar Macías Feijoo (UGT).

Manuel González Moreira (CIG).

Suplentes: Manuel González Moreira (CIG), membro rotatorio por un ano.

Ángel Cameselle Corbacho (CC.OO.).

Gonzalo Figueira Rodríguez (UGT).