DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 17 de febreiro de 2009 Páx. 3.115

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 9/2009, do 15 de xaneiro, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia.

Advertidos erros no mencionado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 17, do luns día 26 de xaneiro de 2009, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 1.668, no artigo 12º, punto 2, alínea b), onde di: «O incumprimento polas partes de calquera das obrigas establecidas no artigo 7º deste decreto»; debe dicir: «O incumprimento polas partes de calquera das obrigas establecidas no artigo 8º deste decreto».