DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 10 de febreiro de 2009 Páx. 2.718

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 6 de febreiro de 2009 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás cales representen aqueles.

Polo exposto, vista a proposta do Concello da Coruña, e en exercicio das facultades que me foron atribuídas polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O nomeamento de Carlos González-Garcés Santiso como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación do Concello da Coruña.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2009.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes