DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 09 de febreiro de 2009 Páx. 2.683

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2009, da Secretaría da Xunta Electoral de Galicia, sobre o programa de debate a nivel galego, programado pola TVG, S.A., para o día 11 de febreiro en relación coas eleccións ao Parlamento de Galicia.

A TVG comunicounos a previsión de emitir o vindeiro día 11 de febreiro as 22.15 horas un debate ao que foron convidadas as forzas políticas que contan con representación no Parlamento de Galicia: PP de G, PS de G e BNG, indicando que na data da comunicación non consta aceptación por escrito de ningunha das tres forzas invitadas.

As entidades políticas afectadas polo debate anunciado poden examinar a devandita programación na Secretaría da Xunta Electoral de Galicia, sita na praza de Galicia da cidade da Coruña, no prazo preclusivo dun día, o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, e formular os recursos que estimen pertinentes.

Publícase este anuncio en cumprimento do disposto na norma sexta da instrución da Xunta Electoral Central do 13 de setembro de 1999.

A Coruña, 7 de febreiro de 2009.

Xosé Antón Sarmiento Méndez

Secretario da Xunta Electoral de Galicia