DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 09 de febreiro de 2009 Páx. 2.682

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2009, da Secretaría da Xunta Electoral de Galicia, sobre o plan de cobertura informativa, entrevistas e debates da Compañía de Radio Televisión de Galicia, en relación coas eleccións ao Parlamento de Galicia do 1 de marzo de 2009.

A Xunta Electoral de Galicia, na sesión do día 6 de febreiro de 2009, tomou coñecemento do plan de cobertura da RTVG, S.A. e TVG, S.A., relativo ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 1 de marzo de 2009. O dito plan inclúe (se é o caso) entrevistas e debates coas candidatas e candidatos pertencentes ás entidades políticas concorrentes.

As entidades políticas afectadas poden examinar o devandito plan na Secretaría da Xunta Electoral de Galicia, sita na praza de Galicia da cidade da Coruña, no prazo preclusivo dun día, o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, e formular os recursos que estimen pertinentes.

Publícase este anuncio en cumprimento do disposto na norma sexta da instrución da Xunta Electoral Central do 13 de setembro de 1999.

A Coruña, 6 de febreiro de 2009.

Xosé Antón Sarmiento Méndez

Secretario da Xunta Electoral de Galicia