DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 09 de febreiro de 2009 Páx. 2.661

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2009 pola que se convoca un curso sobre intervención policial.

Dentro das actividades programadas para o ano 2009, en colaboración co Concello da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello da Coruña, anúnciase a celebración dun curso sobre intervención policial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

-Obxectivos.

Actualizar coñecementos e técnicas de intervención policial en diferentes supostos prácticos.

-Destinatarios.

Persoal dos corpos de policía local, fundamentalmente persoal que desenvolve o seu traballo en unidades operativas, e dentro destas con preferencia para o persoal da Unidade Territorial/quenda de noite e, en segundo lugar, ao persoal do grupo de motos e dos servizos de patrullas 092 (12 prazas, 9 do corpo de Policía Local da Coruña e 3 prazas para solicitantes doutros corpos de policía local que cumpran os mesmos requisitos, tendo preferencia os dos concellos próximos ao concello da Coruña).

-Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

-Prazas.

12 prazas.

-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 18 de febreiro ás 14.00 horas.

3. As instancias dos solicitantes que non pertenzan ao concello da Coruña, deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública (fax: 886 20 61 22), avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os solicitantes que pertenzan ao corpo de Policía Local do Concello da Coruña deberán facer a súa solicitude a través da Academia de Formación de Policía Local do Concello da Coruña.

-Obriga das persoas seleccionadas.

As persoas seleccionadas teñen a obriga de comunicar a súa imposibilidade de asistencia con 48 horas de antelación ao comezo do curso, para que desde a Agasp se poida proceder á súa substitución. De non facelo serán excluídos/as automaticamente da selección para as 10 seguintes actividades que se convoquen, para as que reúna os requisitos exixidos aos solicitantes ou destinatarios/as.

-Datas.

O curso desenvolverase do 25 ao 27 de febreiro.

O horario será de 8.00 a 14.00 horas, cunha duración de 18 horas lectivas.

-Contido.

*Aikido e defensa persoal.

*Técnicas de intervención policial.

-Selección.

Os membros do corpo da Policía Local do Concello da Coruña serán seleccionados pola Xefatura da Policía Local do Concello da Coruña, e os restantes seranlles de aplicación os criterios do proceso de selección dos cursos da Agasp (non ter feito este curso, menor número de cursos, antigüidade, grupo de pertenza, etc.).

-Relación de admitidos.

A relación de admitidos será publicada o día 20 de febreiro a partir das 14.00 horas, pola Academia Galega de Seguridade Pública. Os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 20 61 17/18/24 (Agasp) e na páxina web http://agasp.xunta.es.

-Lugar.

Primeira parte: sede da Policía Local da Coruña.

Segunda parte: instalacións do Ministerio de Defensa/cuartel de Atocha.

-Vestiario, equipamento e material.

Dado o carácter práctico do curso, a súa asistencia será con roupa deportiva. Ademais do anterior, os días de técnicas de intervención policial será necesario dispor de cinto, pistola, defensa e grillóns.

-Certificado de aproveitamento.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este e superen as correspondentes probas de coñecementos.

-Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como o Concello da Coruña, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento normal dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 2 de febreiro de 2009.

P.S. (Disp. 1ª Orde 31-1-2009; DOG nº 23, do 1 de febreiro)

María Isabel Durántez Gil

Directora xeral de Interior

Ver referencia pdf "02700D008P022.PDF"

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO

DE GALICIA