DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 09 de febreiro de 2009 Páx. 2.660

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 2 de febreiro de 2009 pola que se regula a concesión de axudas a concellos de Galicia para compensar os danos sufridos en instalacións deportivas de titularidade pública polos efectos do temporal acaecido en Galicia os días 23 e 24 de xaneiro de 2009.

Advertido erro na mencionada orde, publicada no DOG do 3 de febreiro de 2009, procede realizar as seguintes correccións:

1ª No artigo 5º, parágrafo primeiro, onde di: «... unha solicitude acompañada da documentación que a continuación se relaciona …», debe dicir: «... unha solicitude conforme o modelo oficial que figura como anexo I desta orde, acompañada da documentación que a continuación se relaciona…».

2ª Insírese o anexo I.

Ver referencia pdf "02700D006P020.PDF"