DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 09 de febreiro de 2009 Páx. 2.659

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución parcial do 16 de decembro de 2008 pola que se adxudican as axudas do Programa María Barbeito (anexo I), Programa Lucas Labrada (anexo IV) e Programa Isabel Barreto (anexo V) da Orde do 31 de xullo de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 156, do 13 de agosto) pola que se convocan as axudas correspondentes a diversas accións formativas do Programa de Recursos Humanos, no marco do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia-Incite (2006-2010) para o ano 2008.

Advertido un erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 250, do venres 26 de decembro de 2008, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 23.158, dentro do anexo V-Programa Isabel Barreto (nova adxudicación), na aplicación orzamentaria 10.02.561B.444.0, na liña correspondente á USC, na columna correspondente ao ano 2008, onde di: «5.116,62», debe dicir: «4.225,00», e no ano 2010 onde di: «501.883,38», debe dicir: «502.775,00». Na liña correspondente á UVI na columna correspondente ao ano 2008, onde di: «1.849,98», debe dicir: «3.425,00» e na columna do ano 2010, onde di: «409.150,02», debe dicir: «407.575,00». Na liña correspondente ao total, na columna correspondente ao ano 2008, onde di: «8.299,93», debe dicir: «8.983,33», e na columna correspondente ao ano 2010, onde di: «1.069.700,07», debe dicir: «1.069.016,67». Na liña total do cadro de financiamento, na columna correspondente ao ano 2008, onde di: «14.808,23», debe dicir: «15.491,63», e na columna correspondente ao ano 2010, onde di: «1.844.191,77», debe dicir: «1.843.508,37».

Na páxina 23.162, dentro do anexo IV, (Lista de agarda das axudas correspondentes ao Programa Lucas Labrada 2008), na liña correspondente ao nº 8, expediente 18, na columna «Puntuación», onde di: «23,200», debe dicir: «24,200».