DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 06 de febreiro de 2009 Páx. 2.559

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

CORRECCIÓN de erros.-Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

Advertido un erro no texto da devandita lei, publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia número 667, fascículo 1, do 22 de decembro de 2008 e no Diario Oficial Galicia número 253, do 31 de decembro de 2008, cómpre facer a oportuna corrección nos seguintes termos:

No artigo 57 da lei, na páxina 23.456, onde di:

«34) Engádeselle a subalínea 07 á alínea 09 do anexo 1, coa seguinte redacción:

07 Inscricións na sección cuarta do rexistro de empresas 38,45 €.

35) Engádeselle a subalínea 08 á alínea 09 do anexo 1, coa seguinte redacción:

08 Outras autorizacións e comunicacións 2,80 €».

Debe dicir:

«34) Engádeselle a subalínea 07 á alínea 09 do anexo 1, coa seguinte redacción:

07 Inscricións na sección cuarta do rexistro de empresas 238,45 €.

35) Engádeselle a subalínea 08 á alínea 09 do anexo 1, coa seguinte redacción:

08 Outras autorizacións e comunicacións 92,80 €».