A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado no que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente se poidan aplicar subvencións reguladoras, logo de emitido o informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, para seren publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitir o preceptivo informe favorable, a Consellería de Economía e Facenda
DISPÓN:
Artigo único.
1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas polos órganos superiores da Presidencia da Xunta de Galicia que se relacionan no anexo.
2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2009.
José Luis Méndez Romeu
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
Almanaque gallego: 5 .
Aula de galego 4. Curso de galego: 18 .
Bibliografía analítica da lingua galega (2005 e complementos de 2004): 18 .
Cantigas de madre galego-portuguesas. Estudo de xéneros das cantigas líricas: 10,55 .
Cadernos de Fraseoloxía Galega, nº 10: 6,57 .
Escolma de almanaques galegos (1865-1929) (Bos Aires-A Habana-Galicia): 10 .
Informe de literatura 2007: 8 .
Lérez Revista do Centro Pontevedrés de Bos Aires (1962): 10 .
Prensa galega da Arxentina (1935-1964): 6 .