DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

ANUNCIO.

Mª Soledad López López solicitou nesta Alcaldía licenza municipal para explotación intensiva para ceba de gando porcino, na parcela 760 do polígono 512 da C.P. de Laroá-Seoane, Xinzo de Limia.

Cumprindo o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este período, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no DOG poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as observacións que consideren oportunas.

Xinzo de Limia, 2 de xaneiro de 2009.

O alcalde

Rubricado