DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión que tivo lugar o 20-1-2009, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación urbanística, mediante o procedemento de taxación conxunta, para a execuciónda obra de pavimentación e mellora de servizos na rúa Alto da Forca a Camporredondo, en Vilalba, prevista nas NNSS deste concello e que se financiará con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local creado ao abeiro do Real decreto lei 9/2008, do 28 de novembro, o que se expón ao público durante o prazo dun mes contado desde a última publicación deste anuncio no DOG e nun diario dos de maior circulación da provincia, para que aqueles que poidan estar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que se refire á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, segundo o establecido no artigo 143 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Vilalba, 27 de xaneiro de 2009.

Gerardo Criado Guizán

Alcalde