DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOLOSA

EDICTO.

Anuncio de emprazamento a terceiros interesados nos recursos contencioso-administrativos interpostos contra a aprobación definitiva do proxecto de reparcelación da unidade de execución 2 da área RE.7 Gorostidi-Voith.

Non foi posible notificar o acordo de emprazamento referido a José Ignacio Rodríguez Rivera e Mª Cristina Casal Pérez (cuxo último domicilio coñecido era na rúa Ramón Otero Pedrayo nº 14-4º A, do concello de Ribadavia, Ourense).

Mediante este anuncio fáiselles saber que se interpuxeron os seguintes recursos contencioso-administrativos contra a aprobación definitiva do proxecto de reparcelación da unidade de execución da área RE.6 Gorostidi-Voith.

Recurso nº 350/2008, interposto por Mikel Aguirre Iturrioz, ante o Xulgado número dous de Donostia.

Recurso nº 336/2008, interposto por Santiago Fuentes Genua ante o Xulgado número un de Donostia.

Recurso nº 365/2008, interposto por José María Iztueta Altuna ante o Xulgado número un de Donostia.

Recurso nº 493/2008, interposto por Agustín Vidorreta Vidorreta ante o Xulgado número tres de Donostia.

Recurso nº 526/2008, interposto por Inés Sesma Hernández ante o Xulgado número tres de Donostia.

En consecuencia, emprázase a José Ignacio Rodríguez Rivera e María Cristina Casal Pérez, facéndolles saber que poden comparecer nos procedementos xudiciais enumerados, no prazo de nove días contados a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio.

Tolosa, 16 de decembro de 2008.

O alcalde

Rubricado