DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

ANUNCIO da Alcaldía.

No exercicio das atribucións que me confire a vixente lexislación de réxime local e de conformidade coa relación de postos de traballo e cadro de persoal desta corporación aprobada polo Pleno, acordei:

1. Aprobar a oferta de emprego público para 2008, que é como segue:

Persoal laboral fixo.

Grupo II.

Denominación do posto de traballo: traballador/a social.

Vacante: unha.

Titulación: diplomado/a en traballo social ou asistente social.

2. Publíquese no BOP, no DOG e no taboleiro de anuncios.

Portomarín, 27 de decembro de 2008.

A alcaldesa

Rubricado