DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente a delimitación de núcleo rural de Brandín (Baños de Molgas) pola Xunta de Goberno local que tivo lugar o día 13 de xaneiro de 2009, de conformidade co artigo 8 da Lei 15/2004, do 24 de decembro, que modifica o nº 2 da disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, para que os interesados presenten as reclamacións que consideren oportunas.

Baños de Molgas, 15 de xaneiro de 2009.

Eladio Mangana Nóvoa

Alcalde