DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BANDE

EDICTO.

O Concello de Bande iniciou expediente para a concesión de licenza de funcionamento de actividade de punto limpo construído na parcela 406 do polígono 99 do catastro de rústica, no lugar de Ladeiriña ao carón da estrada OU-411 p.k. 1,5; cumprindo o disposto no artigo 8.1º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no DOG- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se crean oportunas.

Bande, 23 de decembro de 2008.

José Antonio Armada Pérez

Alcalde