DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 04 de febreiro de 2009 Páx. 2.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

XURADO DE EXPROPIACIÓN DE GALICIA

CÉDULA do 22 de xaneiro de 2009 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto dos predios que se relacionan.

Cédula do 22 de xaneiro de 2009 pola que se notifican os acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixa o prezo xusto dos predios que se relacionan no anexo xunto cos seus datos.

De conformidade co disposto no artigo 59 números 4º e 5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, sobre notificacións ás persoas interesadas, intentada coas formalidades previstas na LRXPAC e non practicada por resultar descoñecido o seu destinatario, ou ben porque, intentada, non se puido efectuar polas diferentes causas determinadas no aviso de recepción devolto polo servizo de correos,

DISPOÑO:

Primeiro.-Notificarlle mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

Segundo.-Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, os interesados/as poderán interpor o recurso potestativo de reposición, con anterioridade á vía contencioso-administrativa, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. Os interesados tamén poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación de conformidade cos artigos 10.1º i), 14.1º e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa. En ningún caso poderán simultanearse ambos recursos.

O texto íntegro dos acordos referenciados nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

Terceiro.-En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 2009.

Manuel González Sarria

Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00462, Proxecto sectorial do parque empresarial de Bértoa no municipio de Carballo (A Coruña).

Concello: Carballo.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Beneficiario: Xestur A Coruña, S.A.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

-Persoa que se notifica: Electricidade Xonxa, S.L.U.

Data acto que se notifica: 25-9-2008.

Nº expediente: 2008002095.

Predio: 138.

Valor XEG: 23.089,50.

-Persoa que se notifica: Prolongaponte, S.L.

Data acto que se notifica: 25-9-2008.

Nº expediente: 2008002100.

Predio: 165.

Valor XEG: 15.419,25.